Eran ó redor das seis da tarde
cando chegamos a Moteferro, que está situado no concello de Nigrán
cunha altura sobre o nivel do mar de uns 140 metros,sendo o cabo máis
saínte do mar nigranés.
Subimos ata a cume onde atopamos os miradores de Monteferro que miden 143 metros cunhas impresionantes vistas ó océano atlántico que nos permitiron respirar a brisa máis salvaxe e deleitarnos coa sua cor azul,tamén observamos unha paisaxe de gran beleza do interior de nigrán e do litoral das praias de América e patos xunto cunha gran arboreda de especies autóctonas como: pinos, e cipreses,acacias,cedros que se mezcla co seu patrimonio histórico,onde quedan restos de castros amurallados e fortificación da idade de ferro, o monumento ós navegantes mortos da segunda guerra mundial e os restos dos cañóns.
Xa cansados e soportando unha gran calor,decidimos facer unha parada e sentarnos nunha das moitas rochas situadas o carón do monumento que nos axudou a recuperar folgos para facer ó camiño de volta que viña cargado de maravillosos recordos e espléndidas paisaxes que perdurarán para sempre na nosa mente e cunha sóa ilusión, que é a de repetir esta viaxe de novo.
No faro de Monteferro,onde pódese case tocar coa man as Illas Estelas, situadas enfronte marcando a separación coa Ría de Vigo á entrada da bahía de Baiona. Tamén neste Monte atopamos restos do acuartelamiento que houbo alí, ademáis das atalaias.
Tamén nestes acantilados pódese facer escalada,
xa que na zoa existe unha
escola
para esta modalidade.Outra das actividades que podemos realizar é a
de submarinismo xa que no seu fondo mariño ten unha amplia diversidade
de especies mariñas como: xurelos, sardiñas, fanecas, calamares,
percebes, nécoras, polbo entre outras.
Tamén existe un restos xeolóxicos, que nos dan a conocer os grandes plegamentos dos extractos de fai millóns de anos. Por todo Monteferro e moi especialmente preto do acantilado obsérbase a verticalidade destes extractos despois de séculos de erosión.As capas máis brandas foron arrastradas polo vento e choiva quedando tan só os sedimentos pétreos afilados.Unha peculiaridade case única en Galicia.