POZAS DE LOUREZA:
Pola carretera do Rosal a Loureza despois de
percorrer 2,5 Km e pasar por varias factorias viñicolas, desviamonos
a esquerda por un camiño de terra, e tras descender uns 600 metros
chegamos a un cañon formado polo río Loureza.Despois de descender
ata o fondo do cañon, por un abructo camiño que parece unha
parede de escalada en zonas, chegamos a un impresionante lugar onde os furados
nas rochas, e as cataratas, que dan lugar a unha especie de parque acuático,
con trampolín de rochas, covas nas cataratas e un remanso máis
grande cunha piscina olímpica. 
Impresionante lugar onde a nai natureza nos protexe dos ventos e nos permite disfrutar dos impresionantes hidromasaxes das cataratas, en poucas palabras, un impresionante valneario natural nas rochas dun cañon.
Ao rematar de observar e bañarnos nestas pozas, volvemos por uns camiños moi estreitiños nos que tendes que estar moi atentos por onde vades, porque algunhas persoas que viñeron connosco foron por onde non deverian e deron unha camiñata mais larga do normal.Cando por fin nos atopamos, poidemos marchar a outras pozas que son as chamadas " Pozas de Mougas ".
POZAS DE MOUGAS:
Estas pozas estan situadas no término
mun
icipal
de Santa Maria de Oia en Mougas a 10 minutos de Baiona dirección A
Guarda. Para poder observalas poderedes ir en cabalo, porque preto hai un
rancho no que fan rutas hacia esas pozas, e se non che gustan os cabalos tes
outras opcions, como ir en coche ou a pé.