SANTA MARTA DE RIBERTEME
Esta romería celebrase na parroquia de San Xosé de Riberteme (municipio das Neves) o 29 de Xullo no día de Santa Marta (intercesora dos que estiveron perto da morte). A procesión está presidida pola imaxe da Virxe Sta. Marta e vai acompañada por San Benito e a Virxe do Carme.

A HISTORIA DA ROMERIA

A tradicción milagreira de Santa Marta é relacionada pola Igrexia pola súa estreita relación con Xesucristo. A historia conta que Santa Marta era irmá de Lázaro e trala morte de Xesus veuse obrigada a abandoar Palestina.

Na localidade de Marsella, comenzaron os seús actos relixiosos ó resucitar a unha persona o berde da morte.

A romería dos "resucitados", e sempre impactante. A procesión en honor a Santa Marta de Riberteme, nas Neves, congrega a miles de fieis.

A procesión desde ano, foi unha vez mais unha cita para os miles de visitantes que alí se reuniron. Uns por fé e outros por ollar a procesión dos cadaleitos. Nesta ocasión houbo tres cadaleitos, un vacío e os outros dous cos resucitados. Non é so a historia dos que van na caixa do defunto para asistir a procesión, senón dos outros ofrecidos, que despois de estar cerca da morte, adican a sua vida o canto dos milagros de Santa Marta. E os que non van nos cadaleitos levan velas que deben ser tan altas coma eles, tamén as mortaxas e como non, algúns penitentes fan o percorrido da procesión de rodillas.

Hai moita xente que ten promesas coa santa, unha destas ofrecidas decidiu cantarlle a Santa Marta despois de coñecer o problema de saúde que padecía a sua filla. Outra os 15 anos comezou a cantarlle a santa e leva xa máis de 40 anos, outro leva máis de 25 anos vindo a famosa procesión de Santa Marta xa que segue a tradición do seu pai e as súas letras serven para outros ofrecidos que acuden as procesións. Moitos deles póñense en contacto varios días antes para aprender os cantos da romería. Cando chega o día cantan as estrofas aprendidas, unha delas é a seguinte: "Virxe Santa, Estrela do Norte que lle deu a vida, a quen estivo a morte".

As experiencias dos que van nos cadaleitos son impresionantes: Unha destas persoas é un veciño desta parroquia, que dende neno viviu esta romaria e foi testemuña da chegada de periodistas e medios de comunicación de diferentes puntos da xeografía española, ese ofrecido foi en varias ocasións no cadaleito é contounos que a pesar de ir varias veces, seguelle impresionando coma a primeira.

Detras de cada un dos famosos 'resucitados' hai case sempre unha historia impactante que pode ser persoal, familiar o de amizade. Un romeiro comentanos que os que veñen é porque xa recibiron os milagros de Santa Marta e tratan de cumprir a promesa. A procesión é lenta por tanta xente que alí haie a banda de música abre o camiño. Os xóvenes que ian nos cadaleitos aliviaban a calor bebendo auga, con sombreiros, abanicos e moita fé.


alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Cursos y Bingo
Consigue una página web gratis o un
alojamiento web profesional con Galeón