EXCURSIÓN OS MUIÑOS DO FOLÓN ( O ROSAL ).

No Rosal existen un total de 36 muiños que compoñen unha forma de cascada. Nos dinteis, xambras, nos umbrais e paredes, tanto exteriores como interiores, incluso en algunhas moas e nas proximidades, os canteiros deixaron os seus signos. Máis tarde foron os propietarios e arrendatarios dos muiños os que grabaron marcas en formas cruciformes, de iniciais, de nomes ou figuras. Cando se trata de cruces, estas teñen unha función protectora sobre o muiño e os seus donos. A datación máis antiga ofrécea o muiño número 11, que ten grabado o ANO 1702, pero a súa antigüedade vai máis alá porque en documentos do século XVII, xa se mencionan. Algúns muiños presentan pequenas pilas no exterior que servían de abrevaderos e comederos para as cabalerías.

 

ALGUNHAS CARACTERÍSTICAS.

MUIÑO nº1: O maior de todo o conxunto.

MUIÑO nº4: No dintel se insculpe unha cruz coa lenda da que hoxe so se lee "AVE MARIA".

MUIÑO nº5: Posee un alpendre para guardar as caballerías, é un dos mellores do conxunto.

MUIÑO nº7: muiño do "Nemesio", polo seu actual dono.

MUIÑO nº16: A súa fecha tamén está na súa pedra, 1715.

MUIÑO nº21: Ten esculpida nunha das suas xambas unha cruz con cáliz.

MUIÑO nº23: como o número 5, posee tamén un recinto para caballerías.

PARTES DUN MUIÑO E ALGUNHAS CURIOSIDADES.

Nun muiño podemos distinguir duas partes: la superior,o piso, é o termiñada e o buraco onde se xenera a forza motriz é o sarteio.

O muiñeiro, de cada molienda, so cobra a "maquilla".

Respecto a sua propiedade habíaos parroquiais,(da comunidade de veciños), privados e compartido por varias familias, sendo estos os denominados "Herdeiros", pero tamén os había arrendados.

O entorno dos Muiños do Folón, que realmente forman un complexo de muiños con os dos Muiños do Picón, ten outros elementos singulares. Así practicando senderismo, podemos descubrir as rodeiras, pegadas que o continuo discurrir dos carros foron deixando sobre as rocas; a ermita de S.Martiño; a casada que se forma cando as abundantes chuvias enchen o cauce do Río das Penas, e a natureza, sempre verde, que serve de fondo a esta paisaxe.

REFORMANDO A NOSA CULTURA.

No ano 1996 o Concello do Rosal incluiu, dentro do programa da Escola-Taller, a rehabilitación dos Muiños do Folón que estaban, prácticamente en total abandono. Realizouse a limpeza de interiores e do seu entorno, consolidaronse os muros e dotouselle de nova techumbre. As obras ainda continuan mellorando os muios.0


alojamiento web gratis
Otros servicios ofrecidos por HispaVista:
Cursos y Bingo
Consigue una página web gratis o un
alojamiento web profesional con Galeón